O obxectivo consistiu na optimización do proceso de secado de diferentes froitas e hortalizas a partires de tecnoloxías renovables.
A iniciativa estaba coordinada por Trasdeza Natur e nela participaron o Centro Tecnolóxico da Carne e Ekinocio.
Entre as tarefas levadas a cabo entre marzo de 2020 e xuño de 2022 se inclúen:
1.-Implantar un sistema de cultivo de pequenos froitos e hortalizas en ecolóxico.
2.- Adaptar un prototipo de deshidratador solar para mellorar o seu rendimento.
3.-Modelar o proceso de secado para distintas froitas e hortalizas.
4.- Determinar as variedades mais axeitadas para o secado.
5.- Determinar propiedades nutricionais e organolépticas.
6.- Identificar o tipo de envasado e avaliar a vida útil.
“Optimización dos procesos de deshidratación de froitas e hortalizas mediante tecnoloxías renovables” Código: FEADER 2020/049A
Entidades Participantes: María José Tallón García (Trasdeza Natur), Ekinocio S.L y Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA)
Duración: marzo 2020 a xuño 2022
O proxecto de innovación titulado “Optimización dos procesos de deshidratación de froitas e hortalizas mediante tecnoloxías renovables” está liderado pola empresaria e agricultora María José Tallón García, en representación da súa marca comercial TRASDEZA NATUR, contando co apoio da entidade de deseño e comunicación Ekinocio Comunicación S. C (EKINOCIO) con Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA).
Esta iniciativa pretende mellorar o sistema de deshidratación de froitas e verduras dunha horta ecolóxica para prolongar a dispoñibilidade de varios dos seus produtos suxeitos á estacionalidade do cultivo, para a súa comercialización en seco, conservando a máxima calidade e seguridade alimentaria.
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Configurar y más información