“Optimización dos procesos de deshidratación de froitas e hortalizas mediante tecnoloxías renovables” Código: FEADER 2020/049A
Entidades Participantes: María José Tallón García (Trasdeza Natur), Ekinocio S.L y Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA)
Duración: marzo 2020 a xuño 2022
O proxecto de innovación titulado “Optimización dos procesos de deshidratación de froitas e hortalizas mediante tecnoloxías renovables” está liderado pola empresaria e agricultora María José Tallón García, en representación da súa marca comercial TRASDEZA NATUR, contando co apoio da entidade de deseño e comunicación Ekinocio Comunicación S. C (EKINOCIO) con Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA).
Esta iniciativa pretende mellorar o sistema de deshidratación de froitas e verduras dunha horta ecolóxica para prolongar a dispoñibilidade de varios dos seus produtos suxeitos á estacionalidade do cultivo, para a súa comercialización en seco, conservando a máxima calidade e seguridade alimentaria.
